Obradoiro de entroido na Biblioteca Municipal

 

 

Este venres, 1 de marzo, e metidos de cheo no entroido, na Biblioteca Municipal da Pobra de Trives, os máis pequenos poderán achegarse e gozar dun obradoiro con temática entroideira pasando unha tarde chea de cor.

O Obradoiro de Entroido será ás 17h. e está dirixido a nenos de 3 a 12 anos (De 3 a 6 anos deberán estar acompañados dunha persoa adulta).

Dito obradoiro é levado a cabo polas traballadoras da biblioteca municipal.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018