8 DE MARZO - DÍA DA MULLER

 

 

 

A Concellería de Cultura, Muller e Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) da Pobra de Trives presentan o programa de actividades elaborado en torno ao Día da Muller.

 

O vindeiro 8 de marzo é o Día da Muller e comezaremos os actos para conmemorar dita data coa Manifestación pola Igualdade que terá lugar ás 12 da mañá con saída desde a Praza do Concello. É fundamental que loitemos por unha educación baseada na igualdade e a equidade. Esta educación debe non so partir desde casa ou do centro educativo, senón tamén que desde as demais institucións se tomen medidas para frear este tipo de desigualdades.
Logo pola tarde, o mesmo día 8, ás 20h. no Auditorio Julio Vázquez, o historiador e veciño de Guístolas, Miguel García-Fernández daranos unha conferencia sobre “Señoras e campesiñas na Idade Media trivesa. Unha aproximación á nosa historia”. Achegaranos a mulleres loitadoras noutras épocas nas terras de Trives, mulleres que se fixeron oír e valer nun tempo que era casi imposible e así poder tamén analizar os avances e o camiño andado poe estas comparando as distintas datas. Unha importante visión do pasado que nos remarcará a importancia da muller na sociedade desde todos os tempos.
Dentro do marco do Día da Muller, o domingo 10 de marzo ás 18h. no Auditorio Julio Vázquez terá lugar a representación teatral “Loló e mamá”. Esta obra desde o punto de vista educativo e da igualdade, aborda, cun equipo artístico 100x100 feminino, dilemas da muller que conviven connosco días a día. As entradas poderán retirarse no auditorio desde media hora antes da función. Ten un aforo limitado e o prezo é de 3€.
Ademáis desde o 8 de marzo poderase visitar a Exposición Fotográfica “Mulleres de Trives nas súas distintas facetas” na Sala de Exposicións de Santa Leonor.
Agardamos que participedes connosco na conmemoración desta data.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018