VI Certame de Doces de Típicos de Outono

 WEB certame de doces de outono

 

O Concello de A Pobra de Trives convoca o “VI Certame De Doces Típicos de Outono” con motivo do festexo do Magosto.
Esta mostra leva seis anos de andadura, facendo que os nosos produtos de outono teñan a importancia que se merecen sendo os agardados protagonistas da sobremesas no Magosto.
Un certamen no que poderán participar todas as persoas que o desexen. As sobremesas que elaboren deberán levar produtos da tempada como Castañas, Noces, Figo, Mazá, Pera, Cabaza, Uva, Laranxa, etc.
Os doces teñen que entregarse na mañá do 10 de novembro (Día do Magosto) na Oficina de Turismo en horario de 10:30h a 14h. Ou pola tarde, xusto antes de comezar o magosto, no centro cívico, no Patio Santa Leonor. Ademais deben presentar os seus datos e nome e da Sobremesa cunha breve explicación dos ingredientes que contén e da elaboración da mesma.
Recoméndase aos participantes anotarse con antelación na Oficina de Turismo (antes do 3 de novembro).
Cada participante recibirá un agasallo e un diploma acreditativo de participación e terá a entrada de balde na festa do Magosto. A entrega do Premio farase ese mesmo día 10 de Novembro durante o Magosto.
A continuación deixámosvos as bases do Concurso animándovos a todos a participar nesta sexta edición:


Bases VI Certame de Doces Típicos de Outono

 
Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018