II Concurso de Microrrelatos "Un Magosto Literario"

 
 

Dentro das actividades deste outono e dos concursos organizados para o magosto , o Concello de A Pobra de Trives convoca o II Concurso de Microrrelatos - "Un Magosto Literario". Un concurso que ten como obxectivo descubrir o talento literario e espertar a imaxinación de todas aquelas persoas interesadas na escritura en Lingua Galega e na promoción da nosa Terra debendo incluír unhas palabras clave no microrrelato (castaña, bica, montaña, outono e Trives).
Poderán participar no Concurso os maiores de 12 anos que presenten o seu microrrelato tal e como as bases o indiquen.
O xurado estará formado por profesorado do IES Xermán Ancochea e CEIP Manuel Bermúdez Couso, e pola Concelleira de Cultura do Concello de A Pobra de Trives.
A presentación dos microrrelatos será do 23 de Outubro ao 6 de Novembro 2018.
O microrrelato gañador será anunciado na Páxina Web e nas Redes Socias do Concello e levará un premio de 100€ e un lote de libros.
No seguinte enlace deixámosvos as bases e animámosvos a todos a participar:

 

Bases do II Concurso de Microrrelatos - Un Magosto Literario

 

 

 

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018