II Ruta de sendeirismo familiar no verán 2018 - Penalonga

 

 

 

Chega a segunda II Ruta de Sendeirismo Familiar proposta dentro do programa de verán 2018 do Concello da Pobra de Trives. Dende a Concellería de Turismo do Concello ofertamos estas rutas guiadas, de dificultade baixa, todos os martes dos meses de xullo e agosto co fin de dar a coñecer as nosas paisaxes e o patrimonio que nos rodea intentando chegar ao maior número de xente posible.
O martes 17 de xullo camiñaremos cara Penalonga, aproximadamente 9 kilómetros entre viñedos, lagares, misturando paisaxe e historia, con “lagares rupestres” e mesmo unha inscrición que nos levará ata o medievo.
A saída será ás 9 da mañá do martes, 17 de xullo, dende a Praza do Concello.

 

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018