Este venres 13, visita guiada ao "Pazo da Pena" dende a Oficina de Turismo

 
 

Dende o servizo de turismo do Concello da Pobra de Trives organízase unha visita guiada ao Pazo da Pena, en Rozavales (Manzaneda) para o vindeiro venres, día 13 de xullo.
Coñeceremos as dependecias do Pazo tanto no edificio principal coma nos anexos, e ao remate desta cita haberá no propio Pazo da Pena unha consumición e aperitivo para o público participante nesta xornada. O prezo desta visita guiada é de 5€ / persoa.
A saída é ás 11:30 da mañá dende a Oficina de Turismo (Colexio Santa Leonor)
Para máis información e para anotarse: Oficina de Turismo de A Pobra de Trives (988 33 09 67)

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018