Este verán volven os "Domingos de Praia"

 
 

O vindeiro domingo 15 de xullo comenza de novo a segunda tempada do programa “Domingos de Praia” que se iniciara o pasado verán. Unha actividade promovida dende o Concello de A Pobra de Trives co fin de facilitarlle a toda a veciñanza que poda pasar un día na Praia sen necesidade de ir no seu coche.
Neste primeiro domingo o destino é Baiona. Cada persoa que queira disfrutar desta xornada de Praia pagará 20€ (prezo que soamente inclúe a viaxe ida e volta en autobús).
A saída Trives – Baiona será ás 8:30h da mañá na Praza do Concello e o regreso ás 19h dende a praia hacia Trives.
Para anotarse deben dirixirse á Oficina de Turismo (988 33 09 67) e cubrir a folla de inscrición, e o prazo para apuntarse finaliza o xoves día 12 de xullo.
Poderán viaxar as persoas maiores de idade (se son menores deberán ir baixo a responsabilidade dunha persoa maior que vaia en dita viaxe). Para realizar a viaxe o aforo mínimo serán 20 persoas e o aforo máximo 50 persoas.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018