Participa na I Campaña Provincial de Compostaxe Doméstica

 

 

 

Esta campaña de compostaxe doméstica está dirixida a toda a cidadanía dos concellos da provincia de Ourense exceptuando a capitalidade.
Coa compostaxe obtés abono de calidade axudando ao mesmo tempo a mellorar o tratamento de residuos orgánicos. O compost podémolo empregar como abono ou para mellorar a terra da horta e do xardín.
Participando nesta campaña recibirás un composteiro e un manual de compostaxe doméstica. Debes cubrir un formulario de solicitude que che deixamos a continuación, e entregalo nas oficinas do Concello (poderás atopar este folleto tamén no Concello).

Formulario de solicitude: Folla 1 / Folla 2
Ademáis para poder apuntarte nesta campaña debes ter a túa primeira residencia no Concello da Pobra de Trives, non haber participado en campañas anteriores de fomento de compostaxe promovidas pola Deputación de Ourense, ter como mínimo 50 metros cadrados de horta ou xardín, e comprometerte a estar presente na túa vivenda as dúas visitas previstas na campaña. A primeira das visitas será para facer entrega do composteiro e do manual e a segunda é para comprobar o perfecto uso do mesmo.
Non perdas a oportunidade de conseguir o teu propio abono de calidade.
Para máis información, pedir formulario, ou entregalos xa cuberto,  achégate polas Oficinas do Concello.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018