A Sala de Exposicións do Edificio de Santa Leonor acolle “SAUDADES” de Aurora Espina. Poderase visitar dende o 1 ao 31 de agosto.
EXPOSICIÓN DE PINTURA Unha escolma de arredor de 25 cadros para desfrutar da maxia da pintura da artista onde nos plasma tal e como ela nos conta, todo aquelo que lle provoca sentimentos, con morriña, recordos, nostalxias, ousexa a vida en estado puro. “Saudades” forma parte da súa vida convertíndose para Aurora un xeito de expresión e comunicación a través de diferentes temas e usando distintas técnicas. Cada unha destas obras levaranos a distintos recunchos da vila dende a mirada artística da pintora non deixando a ninguén indiferente.
AURORA ESPINA Sanitaria de profesión, con ascendentes de Trives, sempre moi arraigada a esta vila, onde pasou gran parte da súa infancia e adolescencia, cóntanos que a súa relación coa pintura remóntase á súa infancia, onde comenzou dun xeito autodidacta facendo que xa chegada a adolescencia se convertera na súa paixón, a súa verdadeira afección. Segundo o paso do tempo, o seu xeito de pintar foise facendo máis persoal, sendo as súas obras a maneira na que a pintora trasmite todo tipo de emocións e sentimentos. O maior dos agradecementos da artista vai para a súa xente, en especial para os que xa non están (seus pais, súa avoa, ...), “por confiar en min e facerme seguir cara diante”, nos di Aurora cando lembra como seu pai a animaba a que nunca deixara de pintar. No mes de agosto poderemos visitar esta exposición que como Aurora nos conta, foron pinturas creadas todas e cada unha para ela pero está orgullosa de poder mostralas no seu pobo.
Animámosvos a todos e todas a que pasedes pola sala de exposición de Santa Leonor para gozar destas obras de arte.

Palabra de Aurora Espina sobre a súa pintura e a influencia desta na súa vida.
|