I Ruta de Sendeirismo Familiar no verán 2018 - Os Sequeiros

 

 

 

As mañás dos martes en xullo e agosto serán este verán de sendeirismo familiar. Dende o Concello de A Pobra de Trives organizamos rutas de sendeirismo guiadas coa finalidade de chegar a todos os públicos dando a coñecer a nosa montaña e o que nos rodea. Son rutas sinxelas e de dificultade baixa para chegar a un maior número de xente e que se animen a facer un roteiro cada semana polas fermosuras dos nosos bosques.
A primeira destas rutas é o vindeiro martes 10 de xullo. Camiñaremos polos bosques que nos guían cara Os Sequeiros, sumerxíndonos na súa maxia, e cargando os pulmóns en contacto coa plena natureza, gozando da paisaxe do Val de Navea, declarado "Primeira Paisaxe Protexida de Galicia".
Coñoceremos cal era a función dos Sequeiros e xa ao remate subiremos ao mirador da Pena Folenche divisando os picos montañosos que nos rodean.
Ás 9:10h. sairemos dende a Praza do Concello, cada un no seu vehículo, cara o pobo de Pena Folenche, e partirá a ruta ás 9:30h. da mañá dende a Pena Folenche cara Os Sequeiros

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018