Dende o Concello da Pobra de Trives inícianse as movilizacións pedindo que se manteña o Servizo de Pediatría en Trives

 

Isabel González Fandiño, alcaldesa accidental do Concello da Pobra de Trives, xestionando as movilizacións no centro de saúde da vila.

 

 

Dona Isabel González Fandiño, en representación do Concello da Pobra de Trives, como alcaldesa accidental, presentou hoxe as alegacións, unha queixa formal e reclamación iniciando así as movilizacións en contra da reestruturación temporal realizada pola Consellería de Sanidade no que incumbe á atención pediátrica do Centro de Saúde da Pobra de Trives para que se deixe sen efecto, restablecéndose o servizo como ata o momento viña prestando.

 

No seguinte enlace deixámosvos o a queixa e reclamación formulada por este concello polo total desacordo coa citada reestruturación temporal realizada: 

 

-QUEIXA FORMAL/RECLAMACIÓN  contra a reestruturación temporal realizada no que incumbe á atención pediátrica do Centro de Saúde da Pobra de Trives

 

Moitos foron xa os pais e nais que se foron achegando a cubrir o formulario de reclamación ao Centro de Saúde da Pobra de Trives.

Para descargar o formulario pincha aquí

 

Unha das nais afectadas por esta posible supresión do servizo de pediatría no período estival no Centro de Saúde da Pobra de Trives, cubrindo o formulario de reclamación

 

 

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018