O CIM avalía a eficacia das actuacións desenvolvidas ao amparo do I Plan de Igualdade de Oportunidades do noso Concello

 

 

Como paso previo e absolutamente necesario, levouse a cabo unha análise do I Plan de Igualdade de Igualdade de Oportunidades do Concello de Trives que permitiu ver tanto os últimos avances realizados no eido da igualdade, como os erros cometidos durante o seu período de vixencia (anos 2010-2013).
Os resultados da avaliación axudaran a reincorporar no futuro II PIOM medidas que xa se estaban levando a cabo, dándolles así unha necesaria continuidade de cara aos vindeiros anos, e tamén pensar en novas medidas e obxectivos demandados actualmente pola poboación local para seguir avanzando no camiño da igualdade.
Tratouse, sen máis, de facer unha identificación dos factores internos e externos que deberían terse en conta de cara a conseguir un avance substancial na Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes no Concello de Trives co novo II Plan que será proximamente aprobado e que se atopa agora en fase de elaboración.

 

- Informe de Avaliación do I Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello da Pobra de Trives (anos 2010-2013)

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018