A campaña "Separar con xeito" da Xunta de Galicia chega á Pobra de Trives o vindeiro 15 de xuño

 
 

O día 15 de xuño teremos a "Campaña Separar con Xeito", que promoven Ecoembes e a Conselleria de Medio Ambiente, no Concello da Pobra de Trives, facendo coincidir este evento co día da Feira.
A localización de dita campaña será na Praza do Pilón. Unha carpa informativa estará instalada de 10h. a 13h., onde monitores ambientais encargaránse de explicar aos asisentes a adecuada separación selectiva dos residuos nos diferentes contedores de lixo. Búscase promover a economía circular a través da reciclaxe de envases concienciando á cidadanía sobre a importancia da mesma para o cuidado do medio ambiente.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018