O CIM da Pobra de Trives organiza unha cea primaveral de mulleres para o venres 8 de xuño

 
 

O Centro de Información á Muller (CIM), da Pobra de Trives organiza para o vindeiro venres, 8 de xuño unha Cea Primaveral de Mulleres. O ágape de confraternización terá lugar no restaurante La Viuda cun prezo de 20 €. Será unha cea na que a temática sexa a primavera e as mulleres deben acudir cunha flor, ben sexa no pelo, no vestido, pantalón, complementos ou onde prefiran. Na reunión xuntaranse para compartir mesa e mantes e ao mesmo temop disfrutar dunha velada moi amena entre risas e charla distendida.
Como xogo divertido para a cea, as asistentes farán o amigo invisible, polo que deberán levar un pequeno detalle de entre 1 e 2 €, de feito que se agasallarán entre sí, sen saber quen o fixo.
Para anotarse poden recoller a súa entrada na Viúda ata o martes, 5 de xuño.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018