A función "Caixa Pazpallo..., caixa do K..." chega a Trives da man do Grupo de Teatro Oreteiro

 
 

A Concellería de Cultura do Concello da Pobra de Trives segue apostando por manter unha programación cultural activada, que chegue a todos os públicos e que sexa variada.
Desta volta, dende dito departamento de cultura e da man coa Rede de Auditorio da Deputación Provincial de Ourense (reaOU) traemos ao Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives, a obra teatral “CAIXA PAZPALLO..., CAIXA DO K…” do Grupo De Teatro Oreteiro, de Ourense. Un traballo no que as sorpresas e risas non van deixar de acudir a esta cita.
Por unha Caixa de aforros dunha vila calquera pasa moita xente, e non só para coller ou levar cartos. Historias que se contan, se viven, se sofren e se comparte. Unhas historias…!!!!
A cita para ver esta obra de teatro é o vindeiro día 8 de xuño, venres, ás 20:30h. no Auditorio Julio Vázquez.
As entradas estarán á venda no Auditorio media hora antes de que dea comezo a función. Teñen un prezo de 3€ (en base á ordenanza nº1/2016 BOP Ourense nº84 13.04.16).
Non vos perdade esta tarde de teatro, chea de risas.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018