Pintar en Galego...Mola!!, actividade dentro da semana das Letras Galegas

 

 

 

Dende o Concello de A Pobra de Trives queremos festexar o día das Letras Galegas tal e como se merece, con actividades de todo tipo e para todos os públicos.
Outra das actividades que se levará a cabo o propio 17 de maio será “Pintar en Galego …mola!!!” Ás 5 da tarde chega o momento máis artístico do día, onde grandes e pequenos, no parque da Praza de Abastos, disfrutarán un obradoiro de pintura. Continuaremos enchendo o muro con algunhas das máis fermosas palabras en galego e os máis cativos terán a oportunidade de facer tamén os seu murais en papel e cartón.
Con esta actividade pretendemos seguir mimando día a día a nosa lingua e que sirva de dinamización lingüística, así como de defensa e promoción do idioma na sociedade en xeral.
Dende o Concello convidámosvos a todos a disfrutar connosco desta actividade e recomendámosvos traer roupa vella xa que se pode estragar coa pintura.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018