Correlingua 2018

 

 

 

O vindeiro 16 de maio, mércores, a partires das 11:30h., e dentro dos Festexos das Letras Galegas, os nosos nenos e nenas participarán no Correlingua polas rúas da zona vella de Trives. Unha carreira non competitiva en prol do idioma. Esta é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a toda a mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma. Un xeito de intervir no mantemento e difusión do mesmo coa participación activa da mocidade.
Tamén terán un photocall con frases en galego onde todos os asistentes se poderán ser fotografados cas súas frases e palabras preferidas do noso idioma.

 

Compartir Face