Festexo das Letras Galegas 2018

 

 

 

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas, a festa para homenaxear o noso idioma e a nosa lingua, e dende o Concello da Pobra de Trives achegámosvos un completo programa de actividades que se levarán a cabo durante esa semana para tal celebración.
Comenzamos o 16 de maio co Correlingua, unha carreira en prol da lingua onde arredor das 11:30h. os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso percorrerán as rúas do casco vello da vila.
Xa o día 17, propio Día das Letras Galegas, pola mañá, ás 11:30h. sairá dende a Oficina de Turismo, diante do Colexio Santa Leonor, unha Ruta de Sendeirismo Familiar "As hortas", de aproximadamente 4 km. Ao largo da mesma haberá lecturas de poesías e obras da homenaxeada este ano polas Letras Galegas, Mª Victoria Moreno. Rematará novamente na Biblioteca Municipal onde haberá Exposición de Libros e Obradoiro. Esta actividade está organizada polas traballadoras da Oficina de Turismo.
As celebracións continúan pola tarde e chega “Pintar en Galego...mola!!”. Ás 5 da tarde no Parque da Praza de Abastos continuarase ca actividade iniciada xa fai un ano de pintar no parque enchendo o muro coas palabras galegas máis fermosas, mentres os máis pequenos tamén farán os seus pequenos murais de papel en galego. Faremos unha vez máis ao noso idioma o único protagonista e que así quede reflexado.
O peche da festa terémolo o venres 18, e que mellor xeito de facelo que coa presentación no novo traballo de Magín Blanco, Camiños. Un espectáculo musical da man dun dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ao público infantil e xuvenil. O concerto será ás 20h. no Auditorio Julio Vázquez, e a entrada é de 3€ (para nenos e nenas entre 0 e 2 anos de idades a entrada é de balde). A venta de entradas será media hora antes do concerto, no propio Auditorio.
Ademáis tamén dentro do marco das Letras Galegas, dende o 2 de maio temos aberto o I Concurso de Contos Curtos “Cóntame un contiño”. Remata o prazo de presentación de traballos o día 14. Para consultar as bases: aquí

 


Lecturas, paseos, pinturas, contos, música en galego nestes días....e ao longo de todo o ano!! Ven a festexar as nosas Letras!!

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018