Dentro dos festexos das Letras Galegas, Magín Blanco chega a Trives co seu último espectáculo musical CAMIÑOS.

 

 

 

A través da Concellería de Cultura e da Rede de Auditorios Provincial de Ourense (reaOU), chega ao Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives CAMIÑOS, o último traballo de Magín Blanco. O 18 de maio, venres, temos o mellor peche de festa que se podía ter nas Letras Galegas, o Concerto de Magín Blanco para os máis cativos.


CAMIÑOS é a nova aventura de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ó público infantil e xuvenil. Neste fermoso e completo traballo, presenta un espectáculo musical, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios, unha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos e as nenas a través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada música de Magín, estimulando e enriquecendo a imaxinación e a creatividade dos cativos.
A partir do seu último traballo nace este espectáculo, co fin de levar as súas músicas e aventuras por todo o país, na procura de nenos e nenas aos que cantarlle e contarlle. Un espectáculo musical de 50 minutos de duración onde Magín Blanco se achega ao público familiar co que é o seu repertorio máis bailable e balsámico, máis curador. Ritmos da modernidade para nenos e nenas intrépidos!


A cita para asistir a este espectáculo musical familiar é o vindeiro día 18 de maio, venres, ás 20h. no Auditorio Julio Vázquez.
As entradas estarán á venda no Auditorio media hora antes de que dea comezo o concerto. Teñen un prezo de 3€ (en base á ordenanza nº1/2016 BOP Ourense nº84 13.04.16).Os nenos e nenas de 0 a 2 anos de idade terán a entrada de balde.


Animádevos a vir e traer aos vosos nenos e nenas a disfrutar desta festa con nós!!

 
Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018