Xinkana aventureira para os nenos e nenas de Trives, festexando que se achega o Día do Libro

                       

 

 

Dende a Concellería de Cultura da Pobra de Trives, dentro do marco dos festexos do Día do Libro, organízase unha xinkana aventureira na que Sherlock Holmes e o seu axudante Watson teñen unha misión que resolver e precisan a axuda dos pequenos e pequeñas detectives que queiran acompañalos a superar algunhas probas polas rúas da vila.
Sherlock Holmes, personaxe creado polo escritor Arthur Conan Doyle, é un detective inglés que destaca pola súa intelixencia, observación e razoamento deductivo para resolver casos difíciles.
A xinkana é o vindeiro mércores, 18 de abril e dará comezo ás 17:30h. no Auditorio Julio Vázquez, onde terán que recoller as instrucións e pasar a primeira proba axudándolle ao detective Sherlock Holmes na súa investigación.
Esta actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre o 2005 e o 2010, e nela preténdese ademáis de lembrar e celebrar o Día do Libro, tamén ensinar á infancia a importancia do voluntariado na sociedade, e para elo terán unha guía con deberes e dereitos das persoas voluntarias.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018