A obra de teatro Fuga chega a Trives da man de Gargallada Teatro

webGARGALLADATRIVES 
A través da Concellería de Cultura e da Rede de Auditorios Provincial de Ourense (reaOU), chega ao Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives a "deliciosa e trepidante" comedia teatral FUGA (de Jordi Galcerán) da man de Gargallada Teatro, que naceu fai arredor de 10 anos no Barco de Valdeorras.


Representada con grandes éxitos tanto en galego coma en castelán, FUGA xa foi nominada e galardoada en diferentes certames, sendo algúns deles dos máis recoñecidos dentro do mundo do teatro.
Conta a historia dun conselleiro, deseperado e recén dimitido por un caso de corrupción, por culpa dun xornalista que, ademais, se deitaba coa súa muller, reciba a visita dunha vendedora que lle cambia a vida. As aparicións en escea dun matón, unha prostituta e o pai da vendedora, desatan unha acción trepidante e chea de sorpresas que desembocará nun insesperado final.


A cita para ver esta obra de teatro é o vindeiro día 20 de abril, venres, ás 20:30h. no Auditorio Julio Vázquez.
As entradas estarán á venda no Auditorio media hora antes de que dea comezo a función. Teñen un prezo de 3€ (en base á ordenanza nº1/2016 BOP Ourense nº84 13.04.16).


Non vos perdade esta representación de FUGA na que pasaremos unha, xa asegurada, divertidísima tarde de teatro.

Compartir Face