Curso de Poda e Enxerta en Castiñeiros

           

 

 

O vindeiro día 28 de abril, sábado, terá lugar o Curso de Poda e Enxerta de Castiñeiro no Concello da Pobra de Trives, con clase práctica en campo.


O curso está organizado polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) e iniciarase con unha clase teórica ás 9.30 da mañá no Auditorio Julio Vázquez, onde se tratarán temas coma os coidados dos soutos, as enfermidades dos castiñeiros, e a poda e enxerta dos mesmos. Logo continuará a xornada desprazándose a un souto para iniciar a clase práctica de poda e enxerta.


Os interesados deberán inscribirse:

- no Concello (988 33 00 00) ou

- no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do INORDE (988 31 79 46)

Compartir Face