Programa de cualificación e formación promovido pola Deputación de Ourense.

 

 

 

Ponse en marcha o Proxecto EmpregOU promovido pola Deputación de Ourense para o fomento do emprego xuvenil na nosa provincia.
O obxectivo deste é mellorar e apoiar o emprego xove a través de itinerarios formativos de cualificación en diferentes sectores profesionais. Vai dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos.
O vindeiro mes de abril porase en marcha a formación de técnico en viticultura e industria vitivinícola, cunha duración de 6 meses, contando con clases teóricas e tamén prácticas. Esta acción estará en funcionamento en catro puntos da provincia, correspondentes ás catro denominacións de orixe existentes na mesma.
O Concello da Pobra de Trives, pertencente á denominación de orixe Ribeira Sacra, terá a entrevista de selección dos beneficiarios desta formación no Centro da Teixeira, o vindeiro 6 de abril a partires das 10:30h.
Os grupos serán inicialmente de 10 alumnos por zona e a formación comenza en maio.
Os beneficiarios de dito programa recibirán unha bolsa de formación de 381 € mensuais.


Para inscribirte e máis información diríxete ao teléfono 988 31 77 70.

 

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018