Nova Exposición das Acuarelas de Jean FranÇois Morère na Pobra de Trives

 

 

 

Esta Semana Santa no Concello da Pobra de Trives contamos cunha estupenda exposición de acuarelas.


A Sala de Exposicións do Edificio de Santa Leonor acolle a “Exposición de Acuarelas” de Jean François Morère. Poderase visitar dende o 24 de marzo ata o 15 de abril.


EXPOSICIÓN DE ACUARELAS
Unha escolma de 55 acuarelas nas que gozaremos de diferentes temáticas, sempre feitas en estudo, e onde atoparemos paisaxes de Trives e arredores ou de Boadilla (Municipio onde reside o autor), tamén varias de mariñas ou edificios históricos entre outras.
Cóntanos Morére que entre as súas musas, figura unha moza franco-italiana, que lle presta a súa imaxe para ser inmortalizada.
Para buscar a inspiración dinos o artista que a internet e as redes sociais “son fonte inagotable de temas de paisaxes”.

 

JEAN FRANÇOIS MORÈRE
Enxeñeiro de profesión, cóntanos como decidiu probar unha actividade oposta ao seu traballo cando fai arredor de dez anos lle regalaron un estoxo de acuarelas polo Nadal.
“Como consecuencia do volume que comenzaba a ocupar, ocurríuseme facer partícipe ao público os meus traballos” comenta Morère. E foi así como en marzo do 2015 expón por primeira vez e faino nesta mesma sala do concello trivés. Naquel momento, en agradecemento á colaboración, Jean François doou unha acuarela ao Concello da Pobra de Trives.
As súas exposicións e doazóns fóronse continuando. No 2016 o Municipio de Boadilla (Madrid) acollía unha exposición cas súas obras e no 2017 participaría con 6 acuarelas noutra exposición na mesma cidade.
Nesta Semana Santa, como Jean François Morère nos indica “volto a expoñer no meu pobo adoptivo”, e faino cunha serie de acuarelas de moi diferente temática.

 

Animámosvos a todos e todas a que pasedes pola sala de exposición de Santa Leonor para gozar destas obras de arte.

 
Compartir Face