Programa de axudas a natalidade, "chegOU"

nota informativa
 

A Deputación de Ourense, apoiando o fomento da natalidade na provincia, pon en marcha de novo o Programa chegOU; un programa de axudas dirixido a proxenitores de nenos/as nacidos/as, tutelados/as ou adoptados/as entre o 1 de xaneiro do 2018 e o 31 de decembro do 2018. Poderán, ademais, ser beneficiarios os proxenitores, titores ou adoptantes de nenos ou nenas nacidos/as entre o 1 e o 31 de decembro do 2017, que non solicitaran dita axuda ao abeiro do Programa chegOU 2017.
Deben figurar empadroados nalgún concello da provincia de Ourense e cunha antigüidade no empadroamento na provincia de polo menos 1 ano ininterrompido e inmediantamente anterior ao 1 de xaneiro do 2018.
Estas axudas materialízanse a través dunha tarxeta personalizada, que, con un importe de 300€, só poderán usar en farmacias e parafarmacias para a adquisición de produtos hixiénicos, alimentarios e/ ou de saúde relacionados co neno/ a.
As solicitudes deberanse presentar telematicamente, a través do enderezo http://natalidade.depourense.es rexistrándose no Rexistro Electrónico Xeral da Deputación de Ourense.


- Bases da convocatoria

Compartir Face