Obradoiro de Máscaras na Biblioteca Municipal

 

 

 

O venres 9 o entroido chega á Biblioteca Municipal da Pobra de Trives. Un obradoiro de máscaras fará que ninguén se quede sen disfraz neste entroido, e para completar unha tarde de cor e diversión tamén haberá merenda, baile e música para todos os asistentes. Os menores de 5 anos deberán asistir acompañados dun adulto. A cita é mañá venres día 9, ás 5 da tarde. Dito obradoiro está dirixido polas traballadoras da Biblioteca Municipal.

 

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018