Aberto o prazo de solicitudes de nova plantación de viñedo

 

 

Dende o 15 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar a concesión de autorizacións de plantación de novo viñedo. O último día para a presentación de solicitudes será o 28 de febreiro.

Para poder solicitar estas axudas, os demandantes, entre outros requisitos, deberán xustificar que son os propietarios dos terreos onde queren realiza a plantación, ou que posúen un contrato de aluguer do terreo dunha duración mínima de cinco anos.

Consulta aquí a información sobre a documentación para solicitar novas plantacións de viñedo.

Para máis información poden dirixirse á Oficina Agraria Comarcal

Compartir Face