Marisol Díaz, delegada da Xunta en Ourense, visita unha explotación gandeira en Trives

 

 

Na mañá de hoxe, mércores 7 de febreiro, Marisol Díaz, delegada territorial da Xunta en Ourense, acompañada polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Yago Borrajo, coñeceron as instalación da explotación gandeira de Ánxela Álvarez, en Sas de Xunqueira, na Pobra de Trives.

 

 

Unha explotación que conta con 51 vacas de carne, 13 de entre 6 e 24 meses e 23 de menos de 6 meses, levada por Ánxela dende o 2002, unha xoven que aposta polo rural.

 

 

 

Visita á que tamén asistiu o alcalde da Pobra de Trives, Domingo Diéguez e na que puideron coñecer de primeira man o funcionamento de dita explotación e os problemas e necesidade da gandería na alta montaña.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018