Cea de Comadres

 

 

 

Intentando reunir cada ano a un maior número de mulleres disfrazadas, xa imos pola IV Edición da Cea de Comadres organizada dende o Concello. Unha iniciativa con boa acollida que na pasada edición contou con arredor de setenta mulleres disfrazadas, onde a diversión e a festa sempre está asegurada, e o disfraz é o protagonista da noite. Este ano a cea será no Bar Troula e a cita é as 21:30h.

 

Así, todas as mulleres con ganas de pasalo ben e desfrutar dunha noite de música e disfraces que queiras acudir á Cea de Comadres poderán recoller o seu ticket de entrada na Oficina de Turismo, no Bar Troula ou no Ximnasio Trivesport. Estarán á venda ata o 6 de febreiro por un prezo de 15€.

 

Que vivan as Comadres!!!

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018