Trives non falta á cita con Xantar

 

 

Trives en Xantar

 

Ao igual que na anterior edición, Trives non falta á cita con Xantar neste 19º Salón Internacional do Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. O Concello de Pobra de Trives acude cun stand do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro para promocionar a BICA e o resto de produtos turísticos do municipio, tales como viño, e embutidos; nunha das mellores plataformas que existen agora mesmo en Galicia.


O Concello co apoio dos produtores de BICA, VIÑO e EMBUTIDOS consideramos especialmente importante a participación en foros deste tipo, xa que a gastronomía é a segunda motivación dos turistas para visitar Galicia, polo que apostámos por esta cita para promocionar a nosa oferta enogastronómica e tamén turística.


Este ano estaremos presente con un stand maior que o ano pasado, gracias á colaboración dos produtores da vila que están presentes este ano no Xantar, tentando dar a coñecer A Pobra de Trives do maior e mellor xeito posible.


Os nosos viños poderán ser catados durante toda a duración da feira no Túnel do Viño. Ademáis o sábado día 3 temos Día Adicado ao Concello de Trives e ás 13:30h a Degustación dos seus produtos no stand.

 

Animámosvos a que veñades a visitar o noso stand e coñecer un pouco máis da enogastronomía e turismo da Pobra de Trives, e coñecer onde xantar e durmir, que actividades se poden facer ou que sitios visitar neste Concello.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018