O Concello da Pobra de Trives e o de Manzaneda firman un convenio con Oca Manzaneda

 
 

Na mañá de hoxe, mércores 24 de xaneiro, o alcalde do Concello da Pobra de Trives, Domingo Diéguez, xunto co alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez asistiron a unha reunión na Estación de Montaña Manzaneda xunto do Director de Oca Manzaneda, Gustavo Samartín e o Director da Escola de Esquí e Snowboard Manzaneda, Armando Valdés, para firmar un convenio con paquetes e precios especiais para empadroados en ditos concellos.


O fin deste convenio é achegar a práctica de deportes de inverno, coma o esquí e o snowboard, aos rapaces e rapazas de Trives e Manzaneda e tamén que os empadroados en ambos concellos teñan precios especiais no circuito termal, SPA, piscina climatizada, jacuzzi, sauna e tratamentos de beleza e coidados terapéuticos.

 

 
Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018