Domingo Diéguez González, o novo alcalde da Pobra de Trives

 

 

Onte ás 8 da tarde tiña lugar no salón de sesións do Concello da Pobra de Trives, a Sesión Extraordinaria do Pleno da Corporación para a designación do alcalde, onde Domingo Diéguez foi elexido como novo rexedor.

Neste mesmo pleno tamén tomou posesión de concelleiro Damaso Bembibre.

Trala toma de posesión o Alcalde fixo lectura dun discurso dirixido a toda a veciñanza e seguindo a orde do día, tamén se probou o réxime de dedicación da alcaldía, dando así por finalizada esta Sesión Extraordinaria.

No seguinte enlace podedes ler as palabras que Domingo Diéguez dirixiu as veciñas e veciños na súa toma de posesión:

Discurso da Alcaldía

 

 

 

Compartir Face