Exposición Belén de Elías

 

 

O 23 de decembro podemos visitar o "Belén de Elías" no CEIP Manuel Bermúdez Couso. Unha tradición ano tras ano polo Nadal, ir a visitar este belén cheo de encanto e no que algunhas prazas e varios dos edificios máis representativos da vila están representados.

O horario no que está aberto ao público é de 12h. a 13:15h. e de 16h. a 18:30h.

Non deixes de visitalo, xa que non deixa indiferente a ninguén. Momentos máxicos nos que ves como cada personaxe se vai movendo e coa chegada da noite pouco a pouco os edificios vanse iluminando.

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018