Os Reis Magos de Oriente chegan á Pobra de Trives

 

 

A Pobra de Trives recibirá o venres, 5 de xaneiro, a partires das 17 horas, ás súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente: Melchor, Gaspar y Baltasar.
A Cabalgata das súas Maxestades chegará á Praza do Concello ao redor das 5 da tarde onde serán recibidos polo Alcalde e saudarán dende o balcón da casa consistorial aos veciños e veciñas que ata alí se acheguen e dirixirán unhas palabras a nenos e nenas que se reúnan na praza.
Dende alí, a cabalgata percorrerá as rúas de Trives ata chegar ao Auditorio Julio Vázquez, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos que persoalmente queiran falar con eles e pedirlle os últimos regalos.

 

SEGURIDADE
Un ano máis efectivos da Policía Local unidos aos voluntarios de Protección Civil será o dispositivo desplegado e orientado a preservar o disfrute dos máis pequenos, que desexen ver de cerca ás súas Maxestades.

Compartir Face