O Apalpador, un contacontos cheo de tradición

 

 

 

En época de Nadal xa vai polo 4º ano que un señor grande e con barba que vive no bosque ven a visitarnos; sí, é el! O Apalpador ou o Pandigueiro, como se coñecía por estas nosas terras, estará con nós.
Un contacontos levarannos a saber máis desta figura, e coñecer como vivía. Os cativos e cativas serán tamén protagonistas do conto xunto co apalpador, ese carboeiro que baixará da montaña para apalpar as barriguiñas dos nenos e nenas para ver se comeron ben durante todo o ano e deixarlle un puñado de castañas.
Pretendendo recuperar e dar a coñecer tradicións con actividades para os máis pequenos, chega o contacontos do Apalpador, un personaxe mítico do nadal galego. Este conto vai dirixido a cativos entre cero e dez anos e a cita será o mércores 3 de xaneiro no Auditorio Julio Vázquez ás 17h.

A imaxe usada para a elaboración do cartel é da diseñadora gráfica Iria Aldrey Dono.

Compartir Face