Trives en Negro - Contra as Violencias de Xénero

cartelacto25n2

 

28a030a9 6392 4050 8a48 ed30bebfbc62

 

 

 

 

 

Dende o Concello da Pobra de Trives sumámonos á campaña "EN NEGRO, CONTRA A VIOLENCIA".

Acción na que participan máis de 70 concellos galegos e preto de 4000 establecementos e axentes sociais, co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres. A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres, unha desigualdade silenciada e en moitos casos normalizada.
Hoxe, luns, día 20 comenzaron os actos do concello contra as violencias coa Colocación Das Pancartas no balcón do Concello e na Praza do Reloxo
O mércores 22, dentro das actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres, co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, comenzarán a tinguir de negro o pobo a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo…
Xa o día 25, sábado, Día Internacional da Violencia de Xénero, terá lugar un roteiro por Trives, “Trives en Negro”, percorrendo o casco urbano da vila. A saída é ás 12 da mañá diante da Praza do Concello.
Ás 13h. na Praza do Pilón, continuarán coa “Lectura Do Manifesto”, e a continuación xa finalizando o acto “Música contra as violencias”, unha pequena homenaxe musical feita por mozos e mozas de Trives
Estamos a traballar contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres. Todas e todos en negro, contra a violencia!!

Compartir Face