“Os Sequeiros de Itziar e Iago” foi o vídeo-minuto #PracticaTrivesen60segundos gañador

 votos

 


O Concello da Pobra de Trives propuña unha nova actividade participativa, o “I Concurso de Vídeo-minuto feito co móbil” coa temática das paisaxes urbanas, humanas, culturais e naturais.
A idea principal é que tome importancia a identidade cultural da Pobra de Trives a través das súas paisaxes e tamén atraer ao público local cara o noso entorno e o noso patrimonio tanto cultural como natural.
Un concurso dun mini vídeo feito co móbil sobre a paisaxe do Concello cunha duración máxima de 60 segundos no que a temática se axustase a Paisaxes Culturais e Naturais (historia, tradicións, natureza, xentes,…) do Concello de A Pobra de Trives.
Conforme os traballos foron chegando dende o día 19 de outubro,colgámolos no Facebook, Twitter e Instagram do Concello da Pobra de Trives para que o público valorase e votase ao vídeo que máis lle gustou. Dende o día 6 de novembro non se subiron máis vídeos nas redes, podendo votar os mesmos ata hoxe, 10 de novembro ás 12 da mañá.
Unha vez feito o reconto entre os sete “vídeominutos” participantes, sumando os votos das tres redes sociais, ¡xa temos gañadoras do I Concurso Vídeo-Minuto #PracticaTrivesen60segundos Despois de manter a intriga ata o útimo momento para saber quen acada o maior número de “gústame” conseguidos entre Facebook, Twitter e Instagram, o vídeo gañador é:
- “Os Sequeiros de Itziar e Iago” de Alba Rodríguez Vasallo e Isabel Fernández Blanco con 361 “gústame” (264 en facebook, 6 en twitter e 91 no instagram)
O premio será entregado na tarde do sábado día 11, no Magosto do concello, que terá lugar no Patio Santa Leonor ás 18:30h. Noraboa!!
Queremos agradecer a todos os que participaron e quixeron compartir con nós un minuto do que significa Trives e por colaborar en dar a coñecer o noso pobo de todos cantos xeitos orixinais se nos ocurran.

 
Compartir Face