Bolsa de Emprego - Auxiliar de axuda no fogar (atención a persoas dependentes)

 

axuda no fogar

 

 

Mediante Decreto de Alcaldía nº174, de data 7 de novembro de 2017, disponse a creación dunha bolsa de traballo para a contratación urxente dunha Auxiliar de Axuda no fogar, a fin de substituir a unha traballadora deste Servizo con dereito a reserva de posto de traballo, de baixa por enfermidade.
Existe no Concello unha bolsa para este posto, mais feitos os chamamentos non foi posible a contratación por estar actualmente tódalas persoas que a conforman traballando.


Posto: Auxiliar de Axuda no Fogar (Atención a persoas dependentes)


Titulación requerida: Auxiliar de Enfermería, Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no domicilio, ou outras titulacións equivalentes.
Obrigatorio Carné de Conducir tipo B e vehículo propio


Prazo de presentación de instancias: ata o mércores día 15 de novembro do 2017


Lugar de presentación: Oficinas do Concello, en horario de 8:30h. a 14:30h.

 

Compartir Face