O Magosto 2017

 

magosto2017

 

 

Seguimos con tradicións, e despois de celebrar o Samaín, chega a festa máis importante do outono, O Magosto. Festa ben arraigada na nosa cultura.

Familias, grupos de amigos, grandes e pequenos,...todos xuntos arredor da fogueira con castañas, chourizos, viño, doces e licor café.

Unha xornada para disfrutar de conversas alegres e momentos divertidos en boa compaña, na que tamén haberá música e baile.

Ademáis á primeira hora da tarde, na Praza do Pilón, faremos divertidos Obradoiros de castañas para os nenos e nenas que alí se acheguen ás 16:30h.

Tamén se degustarán os doces que do V Concurso de Doces e se fará entrega dos agasallos aos participantes.

O sábado 11 de novembro, día do San Martiño, temos tarde noite de Magosto no Concello da Pobra de Trives. Agardámosvos ás 18:30h. no Patio Santa Leonor

 

Compartir Face