Tarde-Noite de Samaín na Pobra de Trives

 

 

 

 

Chegou o Outono, xa pasou a vendimia, e pronto son días de magostos, pero non sen antes festexar o SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.
É tempo de Samaín, tradición que conmmoraba a fin do verán e o comenzo do inverno. Chega a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, data na que as portas do outromundo abríanse nesa hora e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores. Para afastar ás perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos. Deses ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras e monstruos terroríficos nas cabazas.
Na tarde do 31 de Outubro, xa caendo a noite, no Concello da Pobra de Trives imos festexar un Samaín con terroríficos e divertidos xogos para os cativos e cativas, truco ou trato, obradoiros, xogos variados, exposición de cabazas e algunha actividade máis son as propostas dende o concello para pasar unha aterradora tarde de Samaín que dará comenzo ás 18h. no Paseo San Roque a carón da Casa Consistorial.

Compartir Face