Reunión da Xunta Local de Seguridade de A Pobra de Trives

 

 

 

Na mañá do 24 de outubro, ás 13 h., tivo lugar no Salón de Plenos do Concello da Pobra de Trives, a reunión da Xunta Local de Seguridade de A Pobra de Trives. No decurso da reunión tratáronse os seguintes puntos:
- Informe sobre a seguridade cidadá no concello da Pobra de Trives.
Os datos reflicten as estadísticas correspondentes aos delitos cometidos no concello, podendo así decir que o índice de delincuencia en Trives é do 10 por 1000 frente a Ourense onde teñen un índice do 21 por 1000 e en España falamos de 45 por 1000 aproximadamente.
Ademais tamén podemos decir que a porcentaxe de esclarecemento é dun 85%, segundo os datos que se achegaron.
- Informe sobre violencia de xénero.
En canto a este punto decir que contamos con dous casos con risco non apreciado
- Previsión en materia de seguridade para o 2º semestre do 2017, con especial atención á campaña da recollida de castaña e apertura da Estación de montaña.
En cuanto á campaña da recollida da castaña, haberá ampliación de vixilancia na C-536, para ter maior seguridade e reuniranse cos veciños da Pena Folenche.
En dita convocatoria para a celebración da Xunta Local de Seguridade estiveron presentes a Xefa da Unidade Contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, o Xefe Territorial da Consellería de presidencia, administracións públicas e xusticia, o Secretario Xeral da Subdelegación do Goberno, o Alcalde da Pobra de Trives e Concelleiro de Seguridade Cidadá, un membro da Policía Local da Pobra de Trives, o Xefe de Protección Civil da Pobra de Trives, o Responsable do Posto da Garda Civil da Pobra de Trives e o  Tenente Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil 

Compartir Face