Programa de Actividades Municipais para o curso 2017-2018

 

 

O Concello de A Pobra de Trives lanza o seu programa anual de actividades culturais, deportivas e sociais deste novo curso.

As Escolas Culturais e Deportivas e Actividades de Benestar e Saúde logo arrancan cas súas clases e o prazo para efectuar a incrición nas mesmas xa está aberto en todas elas.
Actividades como ximnasia de mantemento e obradoiros de memoria para adultos, escola de música municipal onde se imparten clases de piano e guitarra ou escolas deportivas municipais con fútbol-sala, atletismo, psicomotricidade, badmintón e kárate, serán as que comencen entre este mes e o seguinte xunto con Madrugadores, un servizo de atención e coidado dos máis pequenos fóra da xornada ordinaria dos centros escolares contribuíndo á conciliación familiar. Este servizo xa se pon a funcionar o luns, día 11 de setembro, en horario de 8h. a 9:15h. ampliándose en outubro ata ás 9:45h.

 
Compartir Face