"Club de Mus" este outono na Biblioteca Municipal para aprender a xogar

 

 

 

O grupo do “Club de Lectura…e café” pechou as portas ao rematar agosto,pero os seus participantes quedaron con morriña deses encontros e decidiron reconvertilo no “Club do Mus”. 
Actividade organizada dende a Biblioteca Municipal de A Pobra de Trives para outono na que todos os martes e xoves de 11:30h a 13h terán clases para aprender a xogar ao mus, un xogo de habilidades, observación, intuición e lóxica.
O club comenza na mañá de hoxe coas súas aprendizaxes.

Para máis información da actividade debedes dirixirvos á Biblioteca Municipal (988 33 09 67)

Compartir Face