Concentracións pola retirada do Anteproxecto da Lei de Saúde

 

A Xunta de Galicia vén de publicar o borrador da Lei de Saúde de Galicia e o pasado mércores 30 de agosto a Plataforma Sanitaria de Valdeorras comezou as mobilizacións pola retirada do Anteproxecto da Lei de Saúde de Galicia que ocasionaría a perda de servizos e capacidades da área sanitaria de Valdeorras, tendo así consecuencias negativas para a nosa zona.


Considerando que o texto é contrario ao interese da veciñanza, dende o Concello de A Pobra de Trives apoiamos as concentracións organizadas pola Plataforma tódolos mércores en todos os centros sanitarios desta área, insistindo na retirada do citado Anteproxecto e ademáis reclamar e dotar de presuposto a Lei de Saúde. Pedimos que o cada mércores ás 12 da mañá diante do Centro de Saúde de A Pobra de Trives, esta concentración sea secundada por tódolos veciños.


“EN DEFENSA DUNHA SANIDADE PÚBLICA, PRÓXIMA, UNIVERSAL E DE CALIDADE”!!!!

Compartir Face