O CONCELLO DE POBRA DE TRIVES FAI UN CHAMAMENTO AO CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA ANTE A SITUACIÓN DE SECA PERSISTENTE

 
 
En situacións de seca persistente como a actual somos especialmente conscientes de que a auga é un recurso escaso. Nestes momentos o nivel de auga dos mananciais que abastecen ao concello está en mínimos, e aínda que o Concello de Pobra de Trives empezou a aplicar hai xa tempo distintas medidas de aforro, no goberno municipal existe a lóxica preocupación pola evolución dos recursos hídricos. De feito, moitas fontes particulares xa están secas, e as traídas veciñais empezan a resentirse tamén. Ademáis, o concello tivo que asistir a varias parroquias levando auga cunha cisterna ante os problemas de abastecemento de auga. Por iso, desde o Concello da Pobra de Trives faise un chamamento ao consumo responsable.
A auga resulta imprescindible para a vida e para innumerables procesos produtivos, pero en todos os casos é posible reducir o seu consumo. A nivel particular, por exemplo, procurando deixar as billas ben pechadas, non deixando correr a auga da ducha antes de meternos nela, usando a lavadora coa carga completa, reducindo o rego de xardíns, evitando lavar o coche ou baldear, non enchendo as piscinas ou, por exemplo, limitando o uso das duchas nas praias.
Froito da boa xestión municipal evitamos, ata o de agora, ter que aplicar restricións como as que levan semanas aplicando xa en distintos concellos galegos.
Fai un consumo responsable da auga!!
 
Compartir Face