O programa "Domingos de Praia" terá como destino SANXENXO o vindeiro 27 de Agosto

27.8.17 domingo de praia sanxenxo

 

Dende o Concello de A Pobra de Trives continuamos co programa “Domingos de Praia”, para facilitarlle a todos os veciños, veciñas e a todo aquel que se anime, que podan pasar un día na Praia sen necesidade de mover o seu coche.
O destino proposto desta volta é Sanxenxo e a data é o vindeiro domingo 27 de Agosto.
A saída Trives – Sanxenxo será ás 8 da mañá diante do Concello e o regreso ás 19h dende a praia hacia Trives.
Cada persoa que queira disfrutar desta xornada de Praia pagará 12€.
Para realizar a viaxe o aforo mínimo serán 20 persoas e o aforo máximo 50 persoas.
Para anotarse deben dirixirse á Oficina de Turismo (988 33 09 67).
Deben anotarse antes do 23 de Agosto.
Share