Día da Bici - Verán 2017

 

 

 

 

O día 6 de agosto, celébrase o Día da Bici, unha iniciativa acollida con moito agrado polos veciños do pobo a que, ano tras ano, asisten participando en familia e disfrutando desta actividade ecolóxica e deportiva.

Un ano máis bicis serán as donas das rúas de Trives na mañá do domingo, 6 de agosto.

Dous percorridos diferentes, un de 4 quilómetros aproximadamente e outro para os pequerrechiños de uns 800 metros. As dúas rutas serán totalmente urbanas.

Desta volta o Día da Bici terá a súa saída na Finca da Barreira ás 12 da mañá e as inscricións tamén serán alí a partires das 10 da mañá.

Compartir Face