BANDO DA ALCALDÍA

   

 

 

O Instituto Xermán Ancoechea Quevedo da Pobra de Trives e Instituto Carlos Casares de Viana do Bolo veñen de pór en marcha unha campaña para que neste Nadal ningún neno ou nena se quede sen o seu agasallo.

Para conseguir este obxectivo os centros de ensino solicitan a vosa colaboración. Trátase de que cada veciño e veciña faga unha achega.

Necesítanse:

  • Xoguetes usados en bo estado.
  • Libros de lecer, libretas, estoxos.
  • Lápices de cores, ceras, rotuladores etcétera.
  • Non é preciso mercar nada. Trátase de aproveitar o material que todos e todas teñades na casa. O obxectivo merece a pena.
  • Todos o material pode deixarse no punto de recollida habilitado no Instituto Xermán Ancoechea da Pobra de Trives ate o 18 de decembro.

 FRANCISCO JOSÉ FERNÁNDEZ BLANCO

Compartir Face
 

  

 

logo CIM 2018