 |
|
Selección de persoal na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda
A Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda ven de poñerse en contacto co Concello da Pobra de Trives para anunciar a apertura do periodo de selección para a CONTRATACIÓN DE PERSOAL en diferentes categorías profesionais para a temporada de inverno. Os interesados en participar no proceso de selección deben enviar o seu curriculum vitae a través do correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou entrégalo na recepción das instalacións da Estación. O prazo de entrega de solicitudes está aberto ate o 21 de outubro. A Pobra de Trives, 14 de outubro de 2014 O alcalde Francisco José Fernández Blanco
|