ANDAINA-BTT TRIVES
![]() |
DESCUBRINDO O CONCELLO DA POBRA DE TRIVES
O vindeiro domingo 5 de outubro a concellería de Deportes e Mocidade organiza unha nova andaina e unha ruta BTT coa finalidade de favorecer a práctica de hábitos saludables tanto entre deportistas como afeccionados. A proposta da concellería, elaborada polos técnicos municipais, ten un grado de execución medio alto. A andaina de 18 quilómetros comezará na praza do Reloxio cara á Somoza, continua por Acevoso, Sobrado e remata de novo en Trives. O percorrido de 40 quilómetros en bicicleta todo terreno tamén comeza en Trives, en dirección ao Casrtro, A Somoza, Anagaza, Penapetada para logo chegar a Serra da Escrita. Nesta Serra atópase unha cruz, que contan as lendas era para protexer aos pobos das meigas. Dende a Escrita pódese disfrutar dunhas vistas espectaculares. Tras chegar ao cumio comeza o descenso cara A Somoza, Acevoso, Sobrado, Mendoia hacia San Fiz. O roteiro BTT termina en Trives. Para participar neste roteiro cómpre apuntarse nas oficinas do Concello da Pobra de Trives, na oficina de turismo da vila ou nas tendas deportivas Tri-Sport da Rúa ou do Barco de Valdeorras. Tamén no establecemento Redonet de Ourense. O prezo establecido para participar é de 10 euros e inclúe o material necesario para practicar a actividade.
|